Que suba o pan - by Luis Galán

Obra

Descripción

O Feito
Chega o verán e os arcos afóganse no río para recuperar a humidade perdida no desuso do inverno e, o día do patrón, facer o bo papel das oliñas que veñen e van.

Os mariñeiros cinguen a faixa á cintura, colgan as dedicatorias do costado, calzan as bambas, amárranse aos arcos, e veña, tira para o Campo.

Como sempre, os de sempre, e un que veu de fóra tamén, fan a roda no máis alto do casco histórico da cidade. A pataca feita tortilla. Epiderme galo/galiña cando o pano da bandeira toca o ceo. Nun intre a preamar dos arcos pon os teus ollos en salgadura.

O que pasa no ser non se explica pero enténdese. Que suba o pan pero que non falten as ganas de danzar.

O demo me coma.

O argumento
Danza gremial de Mariñeiros de Betanzos.

Dous clans de mariñeiros salvan as súas diferenzas, no medio dunha marusía de arcos (ondas), para vencer o mal representado por un demo ao que tamén chaman gamachiño e que non para de amolar a danzantes e espectadores.

Vencido o mal, un mariñeiro debuxa cortes no aire coa súa bandeira e a lanza ata tocar o ceo.

No medio do baile, escóitase o berro:
Betanceiros que queredes?
Que suba ou pan e baixe a caña!

O traballo

Caixa de madeira con seis miradas da danza e unha etiqueta que serpea, caracolea e baila a toda caña ao redor dunha botella (caja de madera con seis miradas de la danza y una etiqueta que serpentea, caracolea y baila a toda caña alrededor de una botella).